Previous Next

Visita de Ledicia Costas

Os nosos alumnos de 4ºEP contaron onte coa visita da autora Ledicia Costas. Pasárono moi ben falando sobre a súa experiencia como escritora e, de xeito especial, comentando o libro Vampira de biblioteca  que están a ler nas clases. Grazas as ferramentas TIC da nosa Aula I+, os compañeiros que están na casa tamén puideron asistir a charla e participar con preguntas e comentarios sobre o libro.

Foi un encontro inesquecible. Moitas grazas por todo, Ledicia!